Radiofusión retransmite en directo o Slalom Nocturno de Fene

Radiofusión retransmite en directo o Slalom Nocturno de Fene

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Radiofusión retransmitirá en directo dende o polígono industrial de Vilar do Colo a quinta edición do Slalom fenés, puntuable para o Campionato Galego de Slalom co máximo coeficiente. O programa comezará ás 18.00 horas xa que a partir das 18.30 horas comezará o desenvolvemento da primeira manga da carreira.

O espazo radiofónico contará coa retransmisión das mangas clasificatorias, entrevistas cos protagonistas e resultados e será retransmitido polas Emisoras Municipais Galegas.Este sábado en Fene (A Coruña) e a través da túa emisora municipal.

Deportes