Radiofusión, solidaria con Haití

Radiofusión, solidaria con Haití

01 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Radiofusión con Haití. Mañá martes 2 de febreiro, a  programación conxunta das Emisoras Municipais Galegas versará en torno á problemática de Haití. O programa Arredor de Nós, entre as nove  e as once da mañá debullará distintas iniciativas solidarias impulsadas en diferentes localidades de Galicia.

Representantes da Cruz Bermella e de Solidariedade Internacional explicarán o seu labor no pais centroamericano e as tarefas máis urxentes para a reconstrucción do país. A campaña de condonación da débeda de Haití e a analise xeofísica do terremoto tamén ocuparán o programa. Igualmente expertos do Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional analisarán a situación socioeconómica en Centroamérica.

 

Tamén a emisora municipal de Fene centrará o espazo A Fenestra, de 11 a 13 horas en torno a Haití. O vicedirector do Instituto de Fene Antonio Rivera explicará a campaña de recollida de fondos que levan a cabo no centro educativo. O alumnado do colexio Jorge Juan tamén se achegará aos estudios de Radiofusión para dar conta do seguemento informativo que realizaron das secuelas do tremor de terra. O alcalde de Fene Iván Puentes e a concelleira da radio Carmen Silvar tamén explicarán iniciativas institucionais en solidaridade con Haití. Representantes de Organizacións Non Gubernamentais e dominicanos residentes en Ferrolterra achegaránse igualmente polos micrófonos de Radiofusión.

Sociedade