Rafael Muñoz Castro gaña o Pérez Parallé

Gañou coa obra "A tarde. O desacougo"
13 de Novembro, 2018 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

"A tarde. O desacougo" alzouse co premio cando o xurado a escolleu entre un total de 34 poemarios presentados na XXXI edición. O gañador recibirá o premio este sabado no CMI Unidade de Fene, ás oito da tarde.

Baixo o peseudónimo de Amauta Castro está o poeta e traductor, Rafael Muñoz Castro, nacido en 1981 en Euskadi. El é o gañador da 31 edición do Premio de poesía Perez Parallé do CMI Unidade de Fene. O poemario gañador titúlase "A tarde. O desacougo" O xurado escolleuno entre as 34 obras presentadas. No xurado estiveron Manuel Forcadela, Berta Dávila e Miriam Ferradáns.

O gañador, fillo de galega e andaluz, naceu en Euskadi por accidente pero criouse en Vigo. Reside na actualidade en Girona por razóns de traballo. O próximo sabado 17 de novembro recibirá o premio no CMI Unidade de Fene, nun acto que comenzará ás oito da tarde e que pechará a a rondalla Estrelecer. O premio, outorgado polo concello de Fene, está dotado con 1000€ en metálico e a publicación do poemario na editorial Espiral Maior.

Cultura

Publica o teu comentario agora