ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible veñen de lanzar na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental. O lema escollido trata de retratar o
Únense nesta mesma reivindicación organizacións e persoas do eido económico, ambiental, científico, cultural e veciñal. Todas estas entidades recuperan un obxectivo histórico do movemento social que semella urxente reivindicar de novo ante o acusado retroceso que se está a experimentar das masas de árbores autóctonas, especialmente na zona costeira. Segundo datos que ofreceu o profesor da USC, no Campus de Lugo, Manuel Guitián, arestora o bosque galego ocupa menos do 30% da superficie arborada do país.