Ramón Aguirre pide tempo para traer traballo ao naval da ría de Ferrol

Ramón Aguirre pide tempo para traer traballo ao naval da ría de Ferrol

23 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da SEPI Ramón Aguirre indicou que existen contactos moi avanzados con 4 paises para novos contratos de Navantia. "A competencia nos mercados internacionais é moi forte e calquera frase de máis pode perxudicar as expectativas de que eses contactos finalicen como todos desexamos" manifestou o representante gubernamental para evitar dar máis datos sobre esas posibilidades. O directivo da Sociedade Estatal salientou que será o presidente da Xunta Alberto

Ramón Aguirre anunciou a criación de 3 grupos de traballo dentro da SEPI en torno ao dique flotante.Un analisará a viabilidade técnica, outro as vias de financiamento e o terceiro, o encaixe xurídico desta obra dentro da normativa da Unión Europea. Aguirre dixo dispoñer dun informe encargado polo anterior goberno, "que desaconsellaba a realización desta obra", pero matizou a súa disconformidade con eses criterios. O presidente da SEPI comprometeuse a visitar novamente Ferrol no mes de agosto, e traer nesa ocasión unha resposta concreta sobre o dique reclamado polo cadro de persoal.

Mañá e tarde

Aguirre, reúnese en Ferrol con alcaldes e sindicatos do naval, por separado. Prometeu volver no mes de agosto cun estudio de viabilidade para a construcción do dique flotante e asegurou que se negocian varios posibles contratos, dos que dous están moi avanzados. Traballadores do estaleiro e das compañías auxiliares recibiron con pitos a Aguirre na Praza de Armas.

Da primeira xuntanza que duróu ata as 13.00h, tíranse tres conclusións; que o presidente da Sepi conta cun informe que desaconsella a construcción do dique flotante neste momento pero encargaráse ao Colexio de Enxeñeiros o proxecto e a sua cuantificación, ademáis de confirmar con Europa que podería traballar na reparación de buques civís. En relación coa carga de traballo para os estaleiros da ría, Ramón Aguirre, non traía ningún contrato pechado a dia de hoxe pero adiantou que se está negociando con varios países e dous deles xa están moi avanzados, aínda que por prudencia, non deu nomes. O ultimo compromiso do presidente da Sepi é volver a Ferrol no mes de agosto.

No salón de recepcións do Concello de Ferrol encontrabanse os rexedores de Ferrol,  As Pontes, A Capela, San Sadurniño, Ares, Neda, Narón, Fene, Mugardos, Cedeira e Valdoviño. Tamén participou na xuntanza o vicepresidente da SEPI, Federico Ferrer, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. Ramón Aguirre  reunirase cos directivos de Navantia e ás 16,30 cos comités de empresa dos dous centros de traballo. Unha vez mantida a reunión cos directivos da Sepi, convocarase a asamblea xeral de traballadores dos dous centros.

Mentras, o portavoz do BNG no Congreso, Franciso Jorquera, defendeu no Pleno as emendas do BNG relativas ao sector naval. En concreto, a proposta de adicar 125 millóns á construción dun dique flotante nos estaleiros públicos da  Ría de Ferrol. Máis, "a pesar da necesidade de salvar o futuro de Navantia Ferrol e os miles de postos de traballo en xogo, o PP opúxose a esta e outras emendas do BNG para mellorar as partidas para Galiza nun contexto de crise económica", segundo reza nun comunicado dos nacionalistas.

Sociedade