Ramón Caamaño, fotógrafo popular e rural

Ramón Caamaño, fotógrafo popular e rural

30 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Ramón Caamaño Bentin (Muxía 1908), foi un exemplo claro de fotógrafo popular e rural. Faleceu en maio do 2007. Sen pretensións artísticas, Caamaño retratou aos seus veciños para que puidesen enviar as fotos aos seus familiares emigrantes en América. Retratou incansablemente ao longo de moitos anos a Costa da Morte, os mariñeiros, vodas, acontecementos sociais en Muxía e a romaría da Barca. Pero tamén realizou numerosa

Os investigadores Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó son os gañadores do XI Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa súa obra O son que coñeceu Ramón Caamaño, presentada co lema “Porto Nodelas”.

O xurado, presidido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, e composto pola doutora en Filosofía África López, a psicóloga e orientadora educativa Ana Torres, o historiador Uxío Breogán Diéguez, a filóloga Helena Miguelez e o gañador da última edición do certame, o catedrático de Filosofía, Marcelino Agís, estimou a “contribución social á historia da fotografía galega e da modernidade” ao combinar “fontes orais e arquivísticas, facendo unha descrición con mestría e amenidade, que parte do local para dirixirse a un público xeral. Desta maneira mesmo coas raíces do traballo no concello de Porto do Son, o ensaio acada unha dimensión moito máis abranxente e vincúlase ao conxunto do país”.

Destaca tamén que o traballo “combina dun xeito acertado o ensaio e a reportaxe fotográfica, tocando distintos planos e sectores, como a demografía, o mundo do traballo, os conflitos sociais ou mesmo a rede viaria”. Así mesmo, “O son que coñeceu Ramón Caamaño” reflicte, para o xurado, “a entrada do século XX de Galiza”.

Ademais da obra gañadora, o xurado decidiu destacar como finalista o traballo de Ana Naseiro Ramudo, titulado  “Revisión da Historia da Coruña. A fábrica de tabacos e a fábrica de mistos”.

 

Nesta undécima edición do certame, presentáronse un total de 16 traballos, sendo a segunda con maior número de participantes, só por detrás da celebrada no ano 2013, á que concorreron un total de 24 propostas.

 

O Premio Manuel Murguía de Ensaio, promovido polo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña, está dotado cun galardón de 6.500 euros e a edición da obra gañadora. Sendo unha iniciativa coa que a institución provincial pretende dignificar e difundir a cultura e a historia de Galicia, tendo como referencia a figura de Manuel Murguía, de acordo a relevancia especial e significativa que tivo o escritor no eido ensaístico.

 

 

A fotografía como fonte historiográfica

 

Raul Soutelo é doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en historia social contemporánea.

 

Gañou xa con anterioridade o premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa monografía titulada As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautoría co profesor Núñez Seixas) en 2004, a oitava edición do Premio Xesús Ferro Couselo de Investigación Local con Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950 (2007, Concello de Valga) e o IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co ensaio titulado Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural (Concello de Valga, 2005).

 

Ademais, publicou obras como Os intelectuais do agrarismo, Universidade de Vigo, 1999, De América para a casa, Consello da Cultura Galega, 2001 ou A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense, 2016, en coautoría con María Xosé Vázquez Lojo.

 

Pola súa parte, José Manuel Vázquez Lijó é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha tese que mereceu da Deputación de Pontevedra o premio á mellor tese en Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais é profesor asociado da área de Historia Moderna da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade de A Coruña dende 2007 ata a actualidade, unha plaza que compatibiliza coa de técnico de xestión do Museo das mareas do Porto do Son.

 

As súas principais liñas de investigación recorren ao mundo marítimo da Galicia do Antiguo Réxime, sendo autor de máis de dúas ducias de traballos en obras colectivas e revistas científicas. Ata o de agora, publico as seguintes monografías: La matrícula de mar y sus repercusiones en la Galicia del siglo XVIII (2005), La Matrícula de Mar en la España del siglo XVIII. Registro, inspección y evolución de las clases de marinería y maestranza (2007); Labrando carballos á beira do mar. A carpintaría de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Réxime (2010); Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime (2012); A illa do gando e dos coellos. Guía histórica de Sálvora, 1321-1833 (2014).

Sociedade