Ramón López Suevos: “A reforma do voto emigrante é moi necesaria, pero deberían acordala entre todos os partidos”

Ramón López Suevos: “A reforma do voto emigrante é moi necesaria, pero deberían acordala entre todos os partidos”

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Aleluia! Cunha expresión tan gráfica acollen as negociacións para reforma do voto emigrante desde a Plataforma Cívica Se resides, decides. As direccións estatais de PSOE e PP chegaron a un principio de acordo que contempla que os residentes ausentes non poidan votar nos comicios locais e autonómicos e que as

López Suevos aplaude a decisión de quitarlles o dereito ao sufraxio aos emigrantes e os seus descendentes nas eleccións autonómicas e municipais, mentres que considera a idea de crear unha circunscrición específica no Senado como “un mal menor”. “En moitos casos estamos a falar de netos de persoas que marcharon hai máis de medio século”, lembrou, incidindo en que esa desconexión co país de orixe se aprecia nos actos de campaña no exterior: “os candidatos nunca falan dos problema de Galicia”.

Non obstante, desde a Plataforma Se resides, decides entenden que a reforma debería acometerse con máis ambición. Por unha banda, critican que se estea a decidir nunha negociación bilateral entre os dous grandes partidos, sen contar coa opinión do resto de forzas políticas. E, máis aló dos cambios propostos, avogan por aproveitar a ocasión para mudar máis aspectos da lei electoral. “Deberían poder votar os que si residen, como os mariñeiros, presos ou inmigrantes”, defendeu Ramón López Suevos.

Sociedade