Ramón Loureiro volve sobre Mondoñedo e o camiño no último libro

Ramón Loureiro volve sobre Mondoñedo e o camiño no último libro

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Mondoñedo será escenario mañán mércores 10 de xuño, ás 19.00 horas, do acto de presentación do libro Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela, editado por Biblos, o último libro do escritor e xornalista, Ramón Loureiro.

En “Príncipes de Bretaña, Estrelas de Compostela&rdquo, ilustrado polo debuxante Gonzalo Pernas, presente Mondoñedo, cidade sempre moi vencellada ao imaxinario de Ramón Loureiro tanto por lazos persoais –á súa catedral e ao seu seminario a familia paterna do escritor está unida desde hai séculos- como literarios.

Trátase dun conto para nenos e adultos no que, ás portas dun novo Ano Santo, Ramón Loureiro rende homenaxe ao mundo das peregrinacións, e a Mondoñedo, enclave especialmente significativo no Camiño do Norte, no que conduce a Compostela despois de pasar pola Corte Real de Oviedo. En declaracións a Radiofusión, o escritor fenés recoñecía que entre novela e novela, escuras e difíciles as suas, precisa este tipo de narracións máis lixeiras, como antes foi “A oca de Leonardo” man a man co debuxante Xaquín Marín. No acto de presentación estará acompañado polo editor,Tucho Calvo, a historiadora, Esperanza Piñeiro de San Miguel, e o alcalde de Mondoñedo, Orlando González.

Sociedade