Ramil cantará na presentación da nova colección de Refaixo

Ramil cantará na presentación da nova colección de Refaixo

16 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O músico Ramil amenizará este sábado a presentación da colección primavera – verán 2013 da tenda Refaixo de Fene. O establecemento da Porta do Sol dará a coñecer nesa xornada a súa páxina web. Os actos realizaránse no Hotel Fraga do Eume, da Capela o sábado 20 de abril a partir das seis e media da tarde.

Ademáis da actuación de Ramil e dun grupo musical, sortearáse unha fin de semana para unha parella no Hotel Fraga do Eume. Tamén se sorteará un blusón deseñado por Refaixo. Presentaráse a web refaixo.com, na que a tenda ofrecerá as súas criacións e na que tamén se poderán realizar compras. A velada rematará cun catering, segundo sinalan as propietarias de Refaixo, establecemento de roupa infantil e lencería, ubicado na esquina da Porta do Sol e da rúa da Fraga en Fene.

Sociedade