A rapazada lendo mulleres

A rapazada lendo mulleres
20 de Marzo, 2020 - 02:10 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada vai protagonizar a vindeira semana un espazo senlleiro na programación de Radio Fene. Todos os dias ás doce do mediodía, poderáse escoitar as lecturas de textos de mulleres escritoras. O maratón realizouse o pasado 10 de marzo na biblioteca municipal Pérez Parallé e agora toda a cidadanía poderá escoitar os fragmentos literarios escollidos nos colexios arredor do Dia Internacional da Muller.

A rapazada da lectura á textos literarios de mulleres

Aproveitando a estancia da rapazada nos domicilios, vai soar en Radio Fene o maratón de lectura "Fene lendo mulleres" dacordo co seguinte calendario:

 

Luns 23. Colexio Jorge Juan.

Martes 24. Colexio Os Casais.

Mércores 25. Colexio A Xunqueira.

Xoves 26. Colexio O Ramo

Venres 27. Colexio Centieiras.

 

 

O maratón pódese escoitar os dias sinalados ás 12 do mediodia en Radio Fene no 107.7 da Frecuencia Modulada ou na páxina web www.radiofusion.gal (pinchando na ventá Radio Fene en directo)

 

Cultura

Publica o teu comentario agora