ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O antropólogo galego afincado en Barcelona Manuel Mandianes, reflexiona sobre a memoria e as tradicións nun conto para rapaces e adultos. O próximo mércores 11 de febreiro, ás 20:00 horas, o recoñecido sociólogo, investigador e etnógrafo ourensán, presentará na Casa de Galicia en Madrid a súa primeira obra narrativa, "Raposiño e o cego", coa que reflexiona sobre os valores universais do pobo galego e sobre
Na presentación do libro intervirán, ademais do autor, Vicente Araguas, escritor e crítico literario, e Luis Alberto de Cuenca, escritor, poeta e profesor de investigación do CSIC.
O libro conta a historia dun neno nacido en Barcelona que chega á aldea de Loureses e queda fascinado polo avó, polas historias que lle conta, polo modo de vida, e polo ambiente que ve, desde ovellas pululando polo patio ata os cans na cociña. Trátase dun libro sobre a Galicia que desaparece e que permanece, ao mesmo tempo, narrada por catro voces: o cego, que é o pobo galego; o avó, que é a voz da tradición; a avoa, o verdadeiro urdime da sociedade: a tenrura, a nostalxia, o cariño; e Raposiño, a posible e única continuación.
O libro revela, ademais, a modo de documental, parte das vellas tradicións e anécdotas desta aldea nos séculos pasados, coma por exemplo o cego que percorría os pobos coa súa zanfona, narrando historias e favorecendo a comunicación oral.
Na contraportada deste libro, editado por Limaia e salpicado por ilustracións de Aurora López, "raposiño" da man do cego vai retratando a través da familia do neno, o presente e o pasado dunha Galicia en evolución, que sen renunciar aos espazos wi-fi, mantén a súa identidade nalgo que non se vende nin traspasa: a alma galega.
Manuel Mandianes naceu en Loureses, e estudou en Ourense, Burgos, París e Estrasburgo. É doutor en Antropoloxía, Teoloxía e Ciencias Políticas. Na actualidade traballa como investigador no CSIC Milá i Fontanals. Publicou unha ducia e libros e centos de artigos e revista e xornais. Impartiu conferencias por países de Europa, Asia e América, e participa con frecuencia en programas de radio e televisión.
CASA DE GALICIA
R/Casado del Alisal, 8
28014 Madrid
Tlf.:91 595.42.00
Fax: 91 595.42.33