Rastrillo veciñal en Ares o 17 de xullo

Rastrillo veciñal en Ares o 17 de xullo

03 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un grupo de veciños e veciñas vén de recibir o visto bo do Concello de Ares para levar a cabo o vindeiro 17 de xullo na praza da Constitución (lugar no que se atopa o antigo Consistorio) un rastrillo veciñal para a venda libre de artigos de todo tipo. Segundo informaron dende a organización, nesta iniciativa poderán participar particulares e asociacións e sociedades de todo tipo agás negocios, comercios ou empresas privadas que se adiquen profes

Os interesados poden solicitar a súa participación na Biblioteca Municipal (Alianzas), chamando ao número 686 932 335 ou mandando unha mensaxe co nome da persoa/entidade que desexe tomar parte no rastrillo, DNI, e teléfono de contacto á dirección de correo electrónico malloyadrago@gmail.com. Os interesados poden solicitar a súa participación na Biblioteca Municipal (Alianzas), chamando ao número 686 932 335 ou mandando unha mensaxe co nome da persoa/entidade que desexe tomar parte no rastrillo, DNI, e teléfono de contacto á dirección de correo electrónico. A participación nesta iniciativa veciñal será de balde, xa que o Concello de Ares deu o permiso correspondente para que este mercadiño, que ten un carácter especial, estea libre de taxas. O prazo de solicitudes remata o 8 de xullo.

O rastrillo desenvolverase o día 17 de xullo entre as 09.00 e as 21.00 horas, ininterrumpidamente,  e no mesmo poderanse intercambiar, mercar ou vender xoguetes, antigüedades, libros, películas, artigos de coleccionismo, roupa, artesanía, así como produtos da horta, froitas e verduras, e produtos gastronómicos caseiros (neste caso é necesario contar co título de manipulador de alimentos).

Como subliñan as persoas que organizaron esta iniciativa, o rastrillo é unha oportunidade para poñer á venda aquelas cousas que xa non se necesiten e que poden ser interesantes para outros, así como supón unha oportunidade, nomeadamente no caso das asociacións, para acadar cartos para financiar as súas actividades e para darse a coñecer. De feito, o principal obxectivo deste primeiro rastrillo veciñal non é outro que o de que “todos saquemos un beneficio e que as cousas que temos todos sen darlle uso na casa poden reutilizadas por outros veciños”, indicaron os organizadores.

Sociedade