Razón médica vs. razón política

Razón médica vs. razón política
10 de Xullo, 2020 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Manuel Martín: "Non se xustifica con razóns médicas un confinamento de cinco dias cando o virus pode incubar ata os 14 dias. Nestas circunstancias a convocatoria electoral do domingo é inadecuada e obedece a razóns políticas".

ESCOITA O PODCAST:

Os rebrotes de Covid19 en Galicia non aconsellarían a celebración das eleccións autonómicas o próximo domingo. “Non se xustifica con razóns médicas un confinamento de 5 dias cando a incubación do virus leva entre 12 e 14 dias” indica o doutor Manuel Martín, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública. Chama a atención que despois de ter á poboación confinada máis de dous meses para evitar os contaxios, agora se salde con cinco días, afirma. “Estamos polo tanto diante dunha medida de tipo político e partidario” conclúe Martín quen pon o exemplo do médico de Burela que daba onte unhas cifras de persoas contaxiadas na zona moi superior ás que estaba dando a Administración autonómica. “A data das eleccións non é a máis adecuada para as circunstancias que estamos vivindo. Váise xerar temor entre os electores” afirma o doutor Martín, para engadir que iso pode supor unha distorsión da vontade da poboación. Afirma que na Mariña hai un montón de persoas que non poderá exercer o voto. “Só por iso eu creo que tiñan que terse suspendido as eleccións”.

Sobre a vacina opina que hai moito ruído e moitos intereses económicos e políticos, así que recomenda ser prudentes antes de saber o que será eficaz. Nesta entrevista con Manuel Martín falamos longo e tendido do abandono da atención primaria por parte da Administración e do abandono dos plans de melloras previstos e dos recortes en sanidade acompañados da privatización. “A atención primaria demostrou ser moi necesaria nesta crise, entre outras misións tivo a de atender outras enfermedades e quitar medo á poboación”. “O nivel de estrés do personal que estivo en contacto directo co virus nas UCIS, Urxencias, Neumoloxía, etc vai precisar da articulación de medidas para atender a súa saúde mental”. Martín defende que mellorou a opinión da sociedade sobre o personal médico, pero todos sabemos que pronto olvidamos. É lóxico que se produzan rebrotes cando relaxamos as medidas de seguridade, en palabras de Manuel Martín, quen advirte que esta situación vai alongarse por meses e mesmo por anos.

(Na imaxe, o CHUF)

Sociedade

Publica o teu comentario agora