As razóns do oito de marzo

As razóns do oito de marzo
07 de Marzo, 2019 - 12:31 h. | Publicada por Radio Tui

O 8 de marzo de 1857, un grupo de traballadoras téxtiles decidiu saír ás rúas de Nova York para protestar polas míseras condicións laborais en plena revolución industrial. Sería unha das primeiras manifestacións para loitar polos seus dereitos. Distintos movementos e sucesos sucedéronse a partir dese episodio, que serviu de referencia para fixar a data do Día Internacional da Muller no 8 de marzo

Folga laboral, de coidados e de consumo o oito de marzo

O capítulo máis cruento da loita polos dereitos da muller produciuse, con todo, o 25 de marzo de 1911, cando se incendiou a fábrica de camisas Shirtwaist de Nova York. Un total de 123 mulleres e 23 homes morreron. A maioría eran inmigrantes que tiñan entre 14 e 23 anos. Foi o desastre industrial máis mortífero da historia da cidade e supuxo a introdución de novas normas de seguridade e saúde laboral en EEUU.  Segundo o informe dos bombeiros, unha cabicha mal apagada tirada nun cubo de restos de tea que non se baleirou en dous meses foi a orixe do incendio. Os traballadores non puideron escapar porque os responsables da fábrica pecharan todas as portas de escaleiras e das saídas, unha práctica habitual entón para evitar roubos. A ONU declarou en 1975, o 8 de marzo como Dia Internacional da Muller, a data que hoxe se conmemora cunha folga laboral, de coidados e de consumo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora