A realidade das mulleres emigrantes

A realidade das mulleres emigrantes

18 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Coa chegada de novembro volta á Mariña unha das actividades máis asentadas e exitosas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. O Vídeo-Fórum Mulleres no Mundo acada este ano a súa VII Edición. Seis anos nos que a través do cinema o Observatorio, en colaboración coa UNED e con Radiofoz, achegou á cidadanía mariñá e galega a realidade vital de mulleres moi diversas pertencentes a ámbitos sociais e cultura

"A cicatriz branca"
A historia narra a realidade de miles de mulleres que, ao longo da primeira metade do século XX, se viron obrigadas a saír soas de Galicia para América. Moitas delas de forma ilegal,con papeis que falsificaban a súa idade ou incluso a súa propia identidade.

Ao igual que nas últimas edicións, por mor da boa acollida e co obxectivo de crear un ambiente máis agradábel e propicio para o debate e intercambio de ideas posterior á proxección do filme, retornarase ao formato do café-debate. O Observatorio repartirá gratuitamente cafés e pastas ás persoas asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións. É unha actividade gratuíta na que se están a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes.

Sociedade