A realidade máis descoñecida do Laxeiro

A realidade máis descoñecida do Laxeiro

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Fundación Laxeiro de Vigo acolle, ata o 30 de xaneiro, a exposición “Laxeiro, escritos. Pensamentos, recordos e relatos”. Na mostra saen á luz, por primeira vez, unha escolma de escritos inéditos do artista lalinés. Será ademais un avance do que se recollerá nun libro que se publicará proximamente, no que se recompilan 200 textos do artista, a partir dos que se constrúe o pensamento do creador. Son textos po&eacute

O proxecto expositivo está formado por unha escolma de 47 documentos, escollidos do total dos seus escritos, nos que a Fundación Laxeiro traballou durante todo o 2010. Trátase dunha montaxe austera, dispostos en diferentes vitrinas e acompañados das súas respectivas transcricións impresas, para que o público poida ler os contido, de forma cómoda e rápida, explicou en Radiofusión o director artístico da mostra, Javier Pérez Buján.

Segundo o comisario, a escrita é unha faceta pouco ou nada coñecida do artista, nos que se descobre "unha personalidade de gran sensibilidade, afastada ás veces da imaxe pública que el mesmo proxectou, moito máis retranqueira e irónica".  

Na formulación expositiva deuselle todo o protagonismo aos documentos, prescindindo de calquera soporte iconográfico nas paredes. Unha exposición na que, deliberadamente se fuxiu de imaxes, tanto pictóricas como fotográficas. De feito, precisou Pérez Buján, é a única mostra do Laxeiro onde non hai imaxes. 

A publicación froito desta escolma, que sairá do prelo polo nadal, amosará a un Laxeiro poético e fabulador. 

Cultura