Reanúdanse os Venrespirar en Ourense

Reanúdanse os Venrespirar en Ourense

21 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Un nome orixinal e unha actividade innovadora. O vindeiro venres comezan de novo os Venrespirar en Ourense. Trátase de festas itinerantes de música e baile que se desenvolven en diferentes locais da cidade das Burgas, organizadas por "Algaravía" a a "AOFT Gomes Mouro".

Celébranse todas, os últimos venres de cada mes ás dez e media da noite. Trátase de festas abertas a toda a xente que queira participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente tomándolle algo e gozando co ambiente. A primeira repichoca celebraráse no Grándola, seguíndolle o Liceo (marzo), o Efémera (abril) Ollo ledo (maio) e de novo no Efémera en xuño.

Sociedade