Recómpensase o coidado ambiental e a reciclaxe

Recómpensase o coidado ambiental e a reciclaxe

04 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios e usuarias do Punto Limpo de Ferrol poden recoller entre hoxe e mañá os ecocubos que o Concello lles entrega gratuítamente para fomentar a separación en orixe dos residuos domésticos. Segundo a Concelleira de Medio Ambiente e Servizos, María López,  premiáse  e incentívase simbolicamente a fidelidade a este servizo, co que se consegue contribuír deste xeito ao coidado do medio ambiente e á reducción dos

Os usuarios dados de alta no Punto Limpo antes do 30 de novembro de 2009 poderán recibir un destes “ecocubos”, con dous contenedores diferentes. O amarelo, destinado aos envases de plástico (bolsas, bandeixas, botellas, tarrinas, etc.), e latas (bebidas, conservas...), e outro de cor verde, para depositar os restos orgánicos. Todos eles contan ademais cun pedal para facilitar a súa utilización ao usuario e usuaria. En total serán 1.700 as persoas que poderán facerse cun destes “ecocubos” dos 4.000 que están dados de alta na actualidade no Punto Limpo municipal.

Para poder recollelos é obrigatorio a presentación do carné de identidade. O horario para recollelos  é de luns a venres de 9 da mañá a unha da tarde e de tres a sete da tarde. Os sábados tamén ofrece servizo durante dúas horas, de 10 da mañá a dúas da tarde.

Sociedade