Receitas de nadal e oferta de emprego

Receitas de nadal e oferta de emprego

29 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A cooperativa A Xoaniña de Ferrol convoca un concurso de receitas para o Nadal. Poden participar os socios e socias da cooperativa de consumo presentando a súa receita a través da web ou na tenda da Xoaniña. O premio consistirá nunha cesta con produtos da horta.

A cooperativa A Xoaniña tamén selecciona a un traballador. O luns dia 30 é o último dia para presentar curriculos. Requiren manexo de folla de cálculo, carné de conducir e disponibilidade horaria para asistir a feiras as fins de semana. Ofrecen un contrato de sustitución dunha baixa ao longo de 4 meses. A Xoaniña abre a súa tenda na Rúa Venezuela, 78 en Ferrol. Atenden no teléfono 981 930868.

Sociedade