Recendo de muller

Recendo de muller
25 de Xuño, 2020 - 09:38 h. | Publicada por Radio Fene

A pintora de Cracovia afincada na Coruña Gosia Trebacz participa nunha peza audiovisual alegoría da loita da natureza contra o plástico. Os polímeros, mal utilizados, convertense nunha trampa que atrapa o máis puro da natureza humana. O son do mar acompaña acertadamente unha peza que suxire e incentiva a imaxinación.

Obra de Gosia Trebacz. Mar e ferro. San Valentín (Fene) 2014.

Máis de trinta artistas amosan a súa visión do mundo feminino a través de obras que recollen recendos e sensacións da figura da muller en diferentes artes plásticas. Comisariada por Dulce Anca "Eau de femme" recolle fotografía dixital, video, escultura, pintura, instalacións e pancartas. O Torrente Ballester aberto ao público de martes a sábados de once a duas e de sete a nove. Domingos e festivos de once da mañá a duas da tarde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora