A reciclaxe dos medicamentos

A reciclaxe dos medicamentos

23 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade, organiza un novo ciclo de charlas informativas polas parroquias do municipio. Unhas charlas que versarán sobre a reciclaxe de medicamentos, dando información acerca do que se debe facer cun medicamento caducado ou rematado.

As charlas estarán impartidas por Rosa Celia Otero Raña, , licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética, e darán comenzo o vindeiro venres 25 de marzo na parroquia de Beán. 

En canto a próximas citas, o calendario de charlas será o seguinte:-         

-1 de abril: Santa Cruz (Escola Unitaria- Centro Social)        
-8 de abril: Pereira (Escola Unitaria- Centro Social)        
-15 de abril: Poulo (Escola Unitaria- Centro Social)         
-29 de abril: Parada (Escola Unitaria- Centro Social)         
-6 de maio: Mercurín (Escola Unitaria- Centro Social)         
-13 de maio: Buscás (Escola Unitaria- Centro Social)         
-20 de maio: Vilamaior (Escola Unitaria- Centro Social)         
-27 de maio: Barbeiros (Escola Unitaria- Centro Social)         
-3 de xuño: Mesón do Vento (Recinto feiral)         
-10 de xuño: Leira (Escola Unitaria- Centro Social)         
-17 de xuño: Lesta (Escola Unitaria- Centro Social)         
-24 de xuño: Ordes (Casa da Cultura)          

Todas as charlas terán lugar de 18 a 20 horas. 

Venres Saudables

Por outra banda, este venres 25 de marzo a partir das 20:30 horas tamén terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares unha nova charla enmarcada no programa “Venres Saudables” que leva a cabo a concellería de Sanidade. Esta vez o coloquio tratará sobre os trastornos da conducta alimentaria baixo o título "Trastornos da conducta alimentaria: detección e prevención", e estará impartido por Áurea Brea, Psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL). 

Os obxectivos desta charla, segundo palabras do concelleiro de Sanidade, Jesús Pedreira, son ofrecer unha explicación acerca do por qué os adolescentes constitúen unha poboación vulnerable a padecer este tipo de enfermidades, axudar aos pais e nais a diferenciar os factores de risco que contribúen ao desenvolvemento dos trastornos da alimentación máis comúns e, facilitar as ferramentas que axuden a promover estilos de vida saudable nos xoves de hoxe en día.

Sociedade