Recital de piano dos alumnos do Consevatorio Xan Viaño

Recital de piano dos alumnos do Consevatorio Xan Viaño

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Capela do Torrente Ballester acollerá este venres, ás 19.30 horas, un concerto didáctico de piano de alumnos e alumnas do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, que estarán acompañados polos profesores deste centro Andrés Pazos, Marcos Galán e Miguel Sancho.

En total serán 13 os alumnos que participarán neste recital, que se dividirá en dúas partes: unha primeira, na que interpretarán pezas de diversos compositores europeos e unha segunda, adicada a compositores españois.

Subiranse ao escenario -será a súa primeira actuación en público- Alexandre Chao, Carmen Maldonado, Clara Cobelo, Cristina Teijeiro, Iria Folgado, Lara Sanz, Lidia González, Lidia González, Lucía Amado, Mara Correa, María Rey, Martín Otero, Simón Pazos e Sofía Morán. Respecto ás composicións que se poderán escoitar, figuran “Piezas cortas” de Bastien; “Minuet”, de K. Petzol; “Vals”, de Schubert; “Marche”, de J.S. Bach; “Estudio”, de Heller ou “Junio”, de Tchaikovsky. Tamén soarán pezas como “Mazurka”, de F. Chopin; “Valses poéticos”, de E. Granados; “Petite Complainte”, de F. Martin ou “Tarantella”, de Burgmuller, entre outras.

Sociedade