Reclaman a cobertura das prazas vacantes de médicos

Reclaman a cobertura das prazas vacantes de médicos
24 de Xaneiro, 2019 - 01:04 h. | Publicada por Radio Fene

Que un médico atenda 50, 60 ou 70 persoas nunha única xornada non é calidade asistencial. Afirmouno así a deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento Eva Solla que se desprazou ao Centro de Saúde de Fene. A concelleira de Esquerda Unida Mari Carmen Martinez reclamou a cobertura das dúas prazas vacantes de médicos.

ESCOITA O PODCAST:

Mari Carmen Martínez, concelleira de Esquerda Unida

http://173.255.131.18/audio/240119MARTINEZ.mp3

Eva Solla,deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento Galego

http://173.255.131.18/audio/240119SOLLA.mp3

Eva Solla e Mari Carmen Martínez diante do Centro de Saúde de Fene

Para a parlamentaria xa non valen as excusas do conselleiro de Sanidade e do presidente Feijoo indicando que non hai médicos: "Hainos pero precisan contratacións estabeis e de calidade". Solla anunciou propostas na Cámara autónoma para cubrir as duas prazas de médicos vacantes no Centro de Saude de Fene. Un doutor xubilouse e hai unha baixa de longa duración que o SERGAS cubriu obrigando a outro médico a prolongar a súa xornada laboral.

Cada médico ten un cupo dunhas 1250 cartillas pero a situación no centro de saúde de Fene obriga a que cada médico teña que atender diariamente a 50, 60 e ata 70 persoas, segundo Martínez.

O plantel do Centro de Saúde de Fene conta con 9 prazas de médicos de familia para atender a unha poboación de 13.013 habitantes. A atención sanitaria veuse minorada por unha baixa de longa duración. Ademáis o pasado sábado xubilouse un doutor e a Xunta de Galicia non cubreu a baixa, tendo os restantes médicos que atender máis cartillas. Segundo denuncia Esquerda Unida, acumularanse as esperas e os retrasos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora