Reclaman a comparecencia de Feijóo polo caso da hepatite C

Reclaman a comparecencia de Feijóo polo caso da hepatite C

19 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

“Recortar na saúde da poboación parécenos deleznable” manifestou Pilar Cancela, do PsdeG PSOE. Eva Solla, de AGE pediu a dimisión de Núñez Feijoo pola súa responsabilidade no caso. Ana Pontón (BNG) tamén demanda claridade da Xunta sobre as actuacións realizadas. Toda a oposición pide a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento. “Non é serio relacionar unha cousa coa outra” afirmou Alberto

Os dous altos cargos da Xunta acudirán a declarar o xoves 28 no Xulgado de Instrucción número tres de Santiago por un presunto delito de prevaricación administrativa en relación co retraso de administración de fármacos a enfermos de hepatite C. A denuncia da fiscalia apunta á existencia de posibles delitos de homicidios por imprudencia grave profisional e prevaricación.

Atrasos na dispensación do Sovaldi

O promotor da denuncia é Evaristo Varo, responsable de transplantes hepáticos do hospital CHUS de Santiago. Este médico declarou, segundo recolle Galicia Confidencial, que na súa dilatada carreira nunca veu algo igual.  “Xamais vin algo así, ou me chegou aos meus oídos; hai que  ser vil, neste caso  a palabra vil posiblemente sexa demasiada boa”, laiouse o tamén profesor de Medicina na USC lembrando o atraso na dispensación do Sovaldi.

O caso de Isolina

Isolina Sánchez padeceu durante varios anos a hepatite C. Co empeoramento da enfermidade, as posibilidades para a súa curación reducíanse ata que se demostrou a efectividade e conveniencia do Sovaldi. A doutora especialista que a trataba prescribiulle en varias ocasións, sen éxito, o tratamento ao advertir do crítica que era a situación. Tardou oito meses en recibilo e comezouno a tomar o 15 de xaneiro. "Xa era tarde", lembra agora o seu viúvo, Manuel García, veciño do coruñés barrio de Monte Alto. "Deixárona morrer", engade no xornal dixital Praza.

Após coñecerse através da imprensa o contido da denuncia presentada polo Ministerio Fiscal, desde a plataforma que abrangue este colectivo aseguran que o resultado da investigación levada a cabo pola Fiscalía é "estarrecedor". E é que "nós tiñamos coñecemento de tres mortes que imputabamos á xestión do Sergas" mais o escrito do fiscal "revela que o número de mortes nas que aprecian un suposto comportamento delitivo se multiplican. Son seis", sinala en conversa con Sermos Galiza, o seu portavoz, Quique Costas.

Sociedade