Reclaman dignidade na atención sanitaria

Reclaman dignidade na atención sanitaria
28 de Decembro, 2018 - 08:26 h. | Publicada por Radio Redondela

Tempo para atender á poboación. Era a principal demanda na manifestación que onte percorreu as rúas de Vigo.  Por unha atención sanitaria digna, participaron na protesta entre vintecinco mil e trinta e cinco mil persoas. A marcha partiu do PAC da rúa Pizarro e finalizou no comezo da rúa do Príncipe. Alí unha doutora de Medicina Familiar leu un manifesto no que condensou a demanda dun servizo digno e de calidade. "Feijoo, atende, a sanidade non se vende" berraban os manifestantes.

Fotografía: Europa Press

Reclaman poñer fin á sobrecarga asistencial que provoca a falta de sustitutos, contratos dignos para fidelizar aos médicos xoves, resolver as listas de espera e as barreiras que sofren os pacientes para chegar ao hospital e establecer plans de reposición do material e obras nos centros de saúde. Os recortes están deteriorando a atención sanitaria, segundo se puxo de manifesto na cidade olívica. Convocaron os xefes de servizo dos centros de saúde dimitidos dias atrás. O vintecatro de xaneiro, nova marcha en Vigo en defensa da sanidade pública. Entre tanto, o servizo de Urxencias en Santiago de Compostela leva sete semanas en folga. Tamén as protestas afectan aos Puntos de Atención Continuada.

Sociedade

Publica o teu comentario agora