Reclaman fibra óptica

Reclaman fibra óptica
22 de Decembro, 2022 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

Porto do Cabo e Vilaboa en Valdoviño reclaman a chegada da fibra óptica. Afirman que a finais deste mes remata o prazo que ten Movistar para a finalización desa instalación. O prazo prorrogouse dous anos sen explicación. Levan 13 meses de incesantes xestións sen ter ningunha resposta por parte de ninguén. Temen que non se cumpra o citado prazo unha vez máis. Reclaman unha maior implicación do Concello para buscar alternativas aos problemas de comunicación nesta zona.

Se non se cumpre o prazo, anuncian o inicio das mobilizacións dende o mes de xaneiro.

Os fondos do estado financian a instalación de fibra óptica. Para estas zonas de Valdoviño, as obras comezarón hai xa dous anos pero a rede non se completou. Movistar non responde ás demandas da cidadanía e continuan padecendo "unha conexión a Internet moi precaria" segundo afirman.  

Cultura

Publica o teu comentario agora