Reclaman máis esixencias coas antenas de telefonía móbil

Reclaman máis esixencias coas antenas de telefonía móbil

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Colectivos de Chapela esixen que se regule a instalación de antenas móbiles en base ao principio de precaución. Ante a alarma social que xera este tipo de instalacións e o compromiso do goberno municipal de crear un regulamento propio nese ámbito, entenden que a futura normativa debería ter en conta as recomendacións da axencia europea de medio ambiente e ter como referente as normas de emisión máis esixentes adoptadas por paises como Belx

Afirman os colectivos de afectados, ecoloxistas e asociación de veciños que o único borrador do proxecto de normativa reguladora da instalacións de infraestructuras radioléctrica existente no concello “é ilegal, xa que non contempla a aplicación do decreto autonómico polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental aplicable as antenas de telefonía mobil”.

Engaden ademais que ese borrador lonxe de limitar a instalación de antenas “a potencia, someténdose aos intereses económicos das operadoras, chegando a instalar antenas no mobiliario urbano da cidade sen ningunha limitación por proximidades a zonas habitadas”.

Por este motivo están a traballar nun acto informativo que se desenvolverá o luns día 9 no multiusos de Chapela e no que se informará aos asistentes sobre as antenas de telefonía mobil e os seus efectos sobre a saúde.

Sociedade