Reclaman máis prazas no Colexio de Maniños

Reclaman máis prazas no Colexio de Maniños
06 de Maio, 2024 - 08:08 h. | Publicada por Radio Fene

A ANPA indica que a Xunta de Galicia só tería que poñer unha profesora máis para admitir todas as solicitudes de inscrición no Colexio de Maniños. A Consellería insta ás familias a agardar ata o mes de xuño. A inspección educativa ainda non recibiu á entidade, segundo salientou Olalla Barro da ANPA. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Olalla Barro, da ANPA de Maniños fala do importante traballo do colexio:

http://173.255.131.18/audio/060524BARRO.mp3

CEIP Os Casais de Maniños

O Colexio de Maniños conta na actualidade con 60 nenos e nenas. O Pleno do Concello de Fene aprobou a semana pasada unha moción de apoio ás familias excluidas e en defensa da educación pública. 

A Xunta de Galicia publicou a relación provisional de nenas e nenos admitidos no CEIP Os Casais de Maniños o pasado 25 de abril. A ANPA comezou a recibir o malestar das familias que ficaron excluídas. Formalizáronse dez solicitudes de admisión para educación infantil e cinco solicitudes de admisión para diferentes niveis de educación primaria. De educación infantil foron excluídas catro das dez solicitudes e e en educación primaria foron excluídas catro das cinco solicitudes. Esta exclusión acada o 60% das solicitudes realizadas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora