Reclaman máis protección para a flota boniteira

Reclaman máis protección para a flota boniteira

25 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O apoio á flota boniteira galega que está a faenar en augas do Atlántico, preto das Illas Azores, é “insuficiente e ineficaz”. O voceiro de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, acusa de “desidia” ao Goberno central e ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño por non fornecer do apoio loxístico á costeira do bonito e afirma que os tripulantes dos pesqueiros están

Segundo Balseiro, tamén se bota en falla unha patrulleira que en campañas anteriores ofrecía apoio mecánico aos pesqueiros. O deputado do PP critica ao Executivo estatal por rexeitar o ofrecemento para que buques e helicópteros proporcionados pola Xunta realizasen un servizo de apoio.

O Ministerio de Medio Mariño responde ás queixas informando de que a partir do 11 de xullo o patrulleiro de altura “Chilreu” iniciará o traballo de reforzo da flota boniteira, segundo o Goberno, coincidindo co “tramo de maior actividade da campaña”. O traballo do buque, engade, complementarase con medios aéreos da Secretaría Xeral do Mar con base en aeroportos galegos. Asemade, o Ministerio avanza que en breve, antes do inicio de xullo, convocará unha xuntanza coas administracións e institucións implicadas nesta campaña de pesca.

Sociedade