Recompensa

Un fenés na Selección española sub 17 de fútbol sala.
22 de Febreiro, 2019 - 02:01 h. | Publicada por Radio Fene

Adrián Martínez Tornín é gardameta cadete do Parrulo e marcha coa Selección española a Mallorca

O xove de Fene, Adrián Martínez Tornín, participa a vindeira semana en dous partidos coa selección española sub 17 de fútbol sala. Xogará dous encontros amistosos contra Portugal, o martes 26 en Calviá e o mércores 27 en Capdepera, duas localidades da illa de Mallorca. Adrián é porteiro do Parrulo na categoria cadete. O equipo xoga na Liga Galega encabezando neste momento a clasificación. Participou o pasado fin de semana na fase final do campionato de España de seleccións autonómicas en Madrid. Agora o seleccionador Albert Canillas chamouno para unha concentración que se prolongará desde o domingo 24 ata o xoves 28 de febreiro. Antes de xogar no Parrulo, Adrián Martinez Tornín xogou nas categorias de base do Perlío.

Deportes

Publica o teu comentario agora