Record de participación no Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol

Record de participación no Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Cincuenta e catro pianistas, procedentes de dezasete nacións diferentes, tomarán parte este ano no Vixésimo Terceiro Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol. O certame, organizado polo Concello e coordenado polo director da Banda Ferrolá de Música, Narciso Pillo, desenvolverase dende mañá ate o vindeiro 28 de novembro no Teatro Jofre.

Segundo a concelleira de Cultura de Ferrol, o elevado nivel de participación na edición deste ano é unha mostra de que o Concurso de Piano goza de boa saúde. Nunha entrevista en Radiofusión, Mercedes Carbajales asegurou que “este certame naceu con bo pe e o Concello continua coa idea de potencialo, apoialo e esixir a máxima calidade”.

O Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol comezará o sábado, ás oito e media do serán, coa presentación e sorteo de turnos entre os participantes. A continuación celebrarase o concerto inaugural, a cargo do pianista ruso Evgeni Staradoubtsev, gañador da penúltima edición do certame (xa que a última quedou deserta). Entre o 22 e o 24 de novembro desenvolveranse as primeiras probas eliminatorias para dar paso, os días 25 e 26, ás segundas, e o 27 a un ensaio da final. O último día, o sábado da vindeira semana, se celebrará a última gala coa orquestra Gaos e o concurso dos tres finalistas. A entrada para asistir ao concerto de clausura custa 5 euros, o mesmo que para o concerto inaugural deste sábado. O resto dos días, no devir do Concurso, a entrada ao Teatro Jofre será libre e gratuita.

Sociedade