Recrearnos unha vez máis coa inesquecible “A gata sobre o tellado de zinc quente”

Recrearnos unha vez máis coa inesquecible “A gata sobre o tellado de zinc quente”

20 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía galega Axóuxere Teatro chega aos escenarios coa mítica obra de Tennessee Williams, A gata sobre o tellado de Zinc quente. A novela levada ao cine no 1958 da man de Richard Brooks e protagonizada por Elizabeth Taylor e Paul Newman acadou 6 nominacións aos Oscars, convertíndose en todo un clásico. Agora Axóuxere Teatro de Oleiros rescata a historia de Brick para ser representada sobre as tablas, no audit

Trátase dunha obra en tres actos que xira en torno ás disputas entre dúas cuñadas, mulleres dos dous únicos posibles herdeiros, ante a inminente morte do pai. De fondo, a incomunicación e a mentira.

Entre o elenco de actores salientar a Alfonso Hermida, xornalista e presentador do Telexornal Serán da Televisión de Galicia. Éste interpreta á personaxe protagonista da obra, Brick Pollitt, ex xogador de fútbol americano que se refuxia no alcol ao non ser capaz de enfrontarse á problemática da nova situación.

A actuación terá lugar este venres, 22 de xaneiro, na sé da Fundación Caixa Galicia de Ferrol ás dez da noite. O prezo da entrada é de 3 euros.

Cultura