Recuperar os dereitos

Recuperar os dereitos
10 de Xuño, 2020 - 02:58 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos chaman á mobilización diante dos centros dependentes da Consellería de Política Social, mañá xoves 11 ás 11.30 da mañá.

As organizacións sindicais CIG, CCOO,CSIF e UGT teñen convocada unha nova xornada de mobilizacións nos centros da Consellería de Política Social. Como as anteriores xornadas, o motivo fundamental segue a ser a negativa da Consellería á recuperación dos dereitos que se manteñen recortados do V Convenio Colectivo Único do seu persoal dende o ano 2012 e o empeoramento das condicións laborais impostas coa escusa da crise sanitaria. Os dereitos recortados dende a crise anterior produciron a amortización de cadro persoal e o aumento da carga de traballo. A esto súmanlle a falta de medios materiais e o alongamento da situación de excepcionalidade nos centros de Politica Social que provocou a crise sanitaria do coronavirus e a falla de vontade negociadora da consellería. O persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentracion diante dos seus centros de traballo na quenda de maña entre as 11 e as 11:30h. A Residencia de Maiores de Caranza será o centro da mobilización en Ferrol.

Ferrol: Residencia Maiores Caranza (na imaxe)

Coruña:Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña

Santiago:Residencia de Maiores de Volta do Castro

Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria

Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra dos Miragres (Cabeza de Vaca)

Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l

Sociedade

Publica o teu comentario agora