Recuperar xogadores

Recuperar xogadores
25 de Xaneiro, 2019 - 05:22 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños recupera para esta fin de semana a Javi González, que foi baixa a pasada semana por motivos laborais. O adestrador Pablo Mesa tamén poderá contar con Pele e Manu, que padeceron procesos gripais. Pero tamén contará coa baixa por sanción de Dani Fuguillas. Angel e Casteleiro serán dubidas ata última hora.

Cultural Maniños. Primeira Galicia de fútbol

Para o técnico do Maniños, todos os partidos que restan son importantes para lograr a permanencia na Primeira Galicia de fútbol. Pero de todos os xeitos o Maniños – Imperator, desta fin de semana é crucial xa que os dous equipos figuran empatados con 17 puntos. As cinco da tarde do domingo no campo do Pote. Arbitra Alvaro García.

Na Segunda Galicia o Perlío visita ao Numancia de Ares co compromiso de manter o liderato na categoria e a vantaxe sobre o segundo clasificado. Numancia – Perlío no campo de Prados Vellos. O domingo as catro e media da tarde. Pita o colexiado  Ricardo Landrove.

No outro grupo da Segunda Galicia o Barallobre visita ao dificil Capela. Domingo catro e media da tarde, dirixido por Alejandro Miño.

O Maniños B en encontro matinal recibe ao Monfero. As doce do mediodia no campo do Pote. Arbitra David Sierra.

Deportes

Publica o teu comentario agora