A Red de Medios Comunitarios en pé de guerra contra o proxecto de Lei do Audiovisual

A Red de Medios Comunitarios en pé de guerra contra o proxecto de Lei do Audiovisual

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Red de Medios Comunitarios ven de lanzar a campaña “Dereito a comunicar. Liberdade para existir”. Maniféstanse así en contra do proxecto de Lei do Audiovisual que prepara o Goberno central. A nova medida non garante a existencia deste tipo de medios alternativos e deixa o seu futuro a merced das autonomías. Como sinala o coordenador da Rede, Mariano Fernández, o dereito a comunicarse recóllese en todas as cartas constitucionais incluíd

Os medios comunitarios son as chamadas radios libres, sen ánimo de lucro nin publicidade, permiten o acceso da poboación ao medios tanto no seu contido como na súa xestión. Neles non se fai proselitismo nin relixioso nin político. Sumando todos os soportes en España existen arredor dos 120 e en Galicia 10.

A Red de Medios Comunitarios ven artellándose desde hai 5 anos. Segundo Mariano Fernández “estamos abrindo camiños". En Galicia só hai dous medios asociados, FM Coruña e Radio Fislispín e "queremos que os demais medios galegos se unan á rede para garantir os dereitos de comunicación das persoas".

Ante a futura Lei do Audiovisual que inicia agora a súa tramitación nas Cortes se amosan moi críticos xa que “plantexa unha morea de obstáculos para semellan dirixidos a procurar a nosa extinción” apunta Fernández.  Desde a rede demandan a súa homologación aos medios comunitarios de países como Francia, Gran Bretaña, Uruguai ou Arxentina.

Atópanse en pé de guerra contra este proxecto e seguirán o trámite parlamentario do mesmo. Polo dagora xa se presentaron 600 enmendas á lei. A rede traballará para ter voz neste debate ao que lle sucederá o pertinente paso polo Senado. Están dispostos a acudir á vía xudicial, baseándose na Constitución e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, se o resultado final da lei non satisface e garante os seus intereses. Polo momento limitaranse a divulgar á sociedade o dereito de comunicar de todas as persoas.

Sociedade