A Rede de Dinamización Lingüística comeza a súa actividade

A Rede de Dinamización Lingüística comeza a súa actividade

24 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Secretaría de Política Xeral ven de poñer en marcha a nova Rede de Dinamización Lingüística, trala  publicación o pasado mércores no Diario Oficial de Galicia, da orde que regula o seu funcionamento. Esta Rede congregará as institucións con competencia na promoción do uso do galego no ámbito local, para  favorecer a colaboración e a coordinación das entidades xunto coa Secretaría Xeral de Pol&i

A XIIª edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que ten lugar estes días en de Santiago de Compostela, acolleu esta mañá a presentación da orde de creación desta Rede, acto ao que acudiron a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Cristina Rubal, e o membro coordinador do grupo de traballo da Rede, Valentín García.

Este novo organismo buscará crear unha planificación lingüística que defina estratexias básicas comúns en todo o territorio autonómico, proporcionando ás entidades o acceso a todos os recursos e materiais dispoñibles neste ámbito. Tamén buscará proporcionar un marco de formación para os profesionais dos servizos lingüísticos e outros axentes participantes. A adhesión á Rede é totalmente gratuíta e voluntaria, estando destinada a toda entidade con competencia na promoción do uso do galego, incluíndo as de titularidade privada sen ánimo de lucro.

Sociedade