Reforma integral da rúa Xunqueira

Fene aborda esta obra con cargo ao Plan+ 2018
02 de Maio, 2019 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene informa do inicio das obras de renovación do firme da rúa Xunqueira en Perlío. A actuación en marcha contempla tamén completar a reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa.

O Concello de Fene iniciou esta mañá as obras de renovación do firme da rúa Xunqueira, un treito de 190 metros de lonxitude comprendido entre as rúas Peirao e Hortelá ata o cruce coa estrada AC133. Así mesmo, a intervención contempla tamén completar a reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa, co acondicionamento das beirarrúas.

As actuacións contan cun orzamento de 106.216,42 euros a financiar con cargo ao POS+2018. As obras en curso contemplan a pavimentación da rúa e construción dunha nova beirarrúa con materiais táctiles nos percorridos dos pasos de peóns sobreelevados, así como traballos de sinalización.

Na Avenida Marqués de Figueroa as obras inclúen a construción de beirarrúas con baldosas de formigón e materiais táctiles no percorrido do paso de peóns, instalación de dous novos puntos de luz con tecnoloxía LED, colocación de alcorques e instalación dun suxeita- colector de aceiro inoxidable.

Institucional

Publica o teu comentario agora