A reforma integral dos accesos ao centro de Emprego de Catabois chega ao seu fin

A reforma integral dos accesos ao centro de Emprego de Catabois chega ao seu fin

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol remata a reforma integral dos accesos ao Centro de Emprego en Catabois. As obras orzamentadas en 201.000 euros, transformaron un camiño na rúa e habilitaron zonas de aparcamento con medio centenar de prazas.

A actuación está practicamente rematada a falla do pintado horizontal da vía, que se completará esta mesma semana. Os traballos se desenvolveron no tramo da rúa Sagrada Familia comprendido no camiño dos Corvos e consistiron na pavimentación integral da vía, construcción de beirarrúas, instalación de sinalización e iluminación e obras de saneamento, entre outras modificacións. Estas obras foron financiadas polo concello e maila Deputación provincial da Coruña, dentro do Programa de Obras e Servizos.

A actuación completouse cun segundo proxecto executado integramente pola Administración local: o acondicionamento dos viais de conexión coa vía principal de acceso ao Centro (a prolongación da rúa Sagrada Familia e prolongación da rúa dos Corvos). Actuacións cun orzamento de 54.000 euros e que consistiron, fundamentalmente, no aglomerado dos viais, limpeza de cunetas e recolocación de tapas en 800 metros de vías, as que dan precisamente servizo ás vivendas da zona.

O alcalde Vicente Irisarri aseguraba que estas actuacións non só permitiron dotar duns accesos en condicións ao Centro de Emprego senón que tamén cambiaron a configuración da zona.

Sociedade