Reformas nos hospitais ferroláns

Reformas nos hospitais ferroláns

19 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Servizo Galego de Saúde investirá 526.032 euros na reforma da cuberta do Hospital Novoa Santos. Tamén no Hospital Naval estanse a realizar as obras de adaptación dunha área do primeiro andar para instalar a Unidade de Coidados Paliativos, que na actualidade está ubicada no Novoa Santos. O prazo previsto para a execución destas reformas é de 3 meses e o custe da intervención ascende aos 230.000 euros.

Esta actuación poñerá á disposición da poboación un total de 940 metros cadrados. Deste xeito, os servizos xerais quedarán na parte central e as habitacións abertas ás fachadas.O Hospital Naval tamén acollerá dende este outono a Unidade de Dor, que actualmente se atopa no Hospital Arquitecto Marcide.

Sociedade