Reforzos na desinfección

Reforzos na desinfección
30 de Marzo, 2020 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Neda reforza os traballos de desinfección dos máis de 600 colectores do lixo. Os servizos municipais de limpeza realizan as tarefas co apoio dun camión de autolavado onde se aplica unha solución de hipoclorito de sodio.

O Concello de Neda vén de intensificar os labores de limpeza e desinfección dos máis de 600 colectores do lixo distribuídos polo municipio como medida de prevención contra o coronavirus. Tras unha primeira limpeza por parte dos operarios, os colectores son introducidos nun “túnel” de lavado onde se lles aplica unha solución de hipoclorito de sodio para a súa desinfección integral. Traballos que o Concello soe realizar periódicamente e que, na situación actual, está a intensificar a través dos servizos de limpeza.

Institucional

Publica o teu comentario agora