Reganosa prepara o estudo de impacto ambiental

Os traballadores defenden a seguridade de Reganosa e decláranse fartos das medias verdades.
30 de Outubro, 2019 - 08:24 h. | Publicada por Radio Fene

O órgano representativo dos traballadores de Reganosa quere dar a coñecer o funcionamento, procesos e operativa da planta, reivindicando os 130 postos de emprego directos que xenera, 20/30 de emprego externo e máis de douscentos indirectos.

ESCOITA O PODCAST:

“Reganosa é segura e queremos explicarllo á xente” Palabras como estas pronunciou o presidente do comité de empresa de Reganosa, Emilio López, diante do alcalde e as voceiras do PSOE e EU de Fene. Unha delegación dos traballadores foi recibida na casa do concello fenés a onde acudiron para pedir o respaldo a unha empresa que desde o principio non gozou da confianza de moitos veciños da zona nin do Comité Cidadán de Emerxencia que desde o minuto un pediu o seu peche.

Litixio tras litixio e denuncia tras denuncia, Reganos leva gastados dous millóns de euros nos xulgados, segundo a representación laboral. A gota que colma o vaso e que fai que os traballadores se dirixan aos concellos, entidades veciñais, etc é a última sentencia do TSXG, que se ben non pide a paralización da planta, si que se faga dunha vez o estudo de impacto ambiental.

O presidente do comité de Reganosa, Emilio López, está farto das "medias verdades que se contan sobre a planta" que abastece a todo o noroeste peninsular. Non teñen medo polos postos de traballo de momento, pero prefiren adiantarse. O alcalde de Fene amosouse comprensivo coa preocupación dos operarios.Galego brindoulles o seu apoio. Os traballadores de Reganosa xa visitaron antes os concellos de Ferrol, Mugardos e Narón, aos que convidaron, o mesmo que a Fene, a realizar unha visita á planta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora