A relación da infancia coa morte

A relación da infancia coa morte

05 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comisaria da mostra buscou nos arquivos fotográficos de Pacheco ou de Ribadavia. Quería reflexar a apariencia da infancia. Recolleu imaxes de nenos mortos de finais do século XIX e comezos do XX. O resultado amósase nun apartado da exposición que se pode visitar ata o 24 de abril no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. A mostra chámase “Falsas apariencias. Miradas fragmentadas sobre a infancia”. Prop&oacut

O desacougo invade ao visitante diante do ambiente logrado nalgunha das salas do Torrente Ballester. Os cadros da “Xeración Doente” de hai cen anos conviven con videos de Pippi Calzaslargas. A responsable de programación do Torrente Susana Cendán falou en Radio Fene do cadro do pintor asturiano Dionisio Fierros que exemplifica o espiritu desta mostra. A pintura reflexa un infante, fillo de Isabel II que morreu aos poucos dias de nacer.

“Falsas apariencias. Miradas fragmentadas sobre a infancia”, é unha selección na que xoga un importantísimo papel a contraposición de épocas e de miradas, da arte considerada clásica coas súas imaxes amables e preciosistas, e a contemporánea, máis próxima a nós e sabedora que a infancia é o xeito máis eficaz de manter viva a nosa memoria.  

Cultura