A relación entre o ensino e a empresa na Unión Europea

A relación entre o ensino e a empresa na Unión Europea

06 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tres estudantes e dous profesores do IES Fene viaxaron a Romenia entre o 14 e o 18 de outubro, participando na experiencia “Voces europeas pola vía do éxito” inscrita no proxecto Comenius, unha iniciativa de colaboración entre institutos de diferentes paises da Unión Europea. A experiencia, aínda que breve no tempo, foi moi rica para os tres alumnos do IES de Fene que participaron nela. Coñeceron un país  distinto ao noso e troixeron co&n

Eva Gondell, unha das profesoras que viaxaron a Romenia explicanos  que o obxectivo da viaxe é o contacto con outros institutos e outros países para coñecer o seu currículum educativo, a orientación laboral e a relación entre os centros educativos e as empresas. 

Desa recente experiencia falaron esta mañá en Radio Fene, o alumno e alumnas; David Seoane, Marta Vázquez e Isabel Rodríguez. El ten claro que nos tempos que corren, non poden resignarse e hai que mirar fora, máis aló do que temos ao redor.

Marta reflexiona sobre os estudos, afirmando que o lóxico é estudar o que a unha a fai feliz, pero hai que considerar tamén as posibilidades de traballo no futuro.

Isabel cóntounos como viven en Romania, un país en crise como o noso, con menor nivel de vida, con salarios máis baixos, pero onde se aprecia que "viven ben".

Amais do sitio web, ao que se pode acceder tamén a través da páxina do IES Fene, os tres alumnos do centro de  Barallobre pensan dar charlas ao resto do alumnado do centro contando a experiencia.

Sociedade