Remata o prazo de presentación de imaxes ao Certame de fotografía da Festa do Cabalo

Remata o prazo de presentación de imaxes ao Certame de fotografía da Festa do Cabalo

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O prazo de presentación de imaxes ao Terceiro Certame de fotografía da Festa do Cabalo de Magalofes rematará ás 14 horas deste venres. Ainda se poden presentar as persoas que sacaran fotos o pasado domingo no transcurso da vixésima edición da Festa do Cabalo, celebrada en Fene (A Coruña).

Cada participante no concurso fotográfico da Festa do Cabalo pode presentar  un máximo de 5 imaxes.. Deben enviarse ao enderezo electrónico direccion@radiofusion.eu, ou entregarse en persoa na terceira planta da Casa do Concello de Fene .Os galardóns daránse a coñecer a vindeira semana.

O primeiro premio recibirá unha cea e hospedaxe dunha noite para 2 pesoas na Casa de turismo rural Outeiro de San Sadurniño. O segundo vai dotado cunha caixa de botellas de viño de Galicia e o terceiro cun lote de productos delicatessen Naturalmar. Convocan o certame a Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión, a rede galega de emisoras municipais.

Cultura