Remata a programación de inverno no Fogar do Maior de Allariz

Remata a programación de inverno no Fogar do Maior de Allariz

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Este venres, día 11 de xuño, finalizará a programación de inverno no Fogar dos Maiores. Rematan as clases de manualidades e memoria aínda que continuarán ata finais de xuño a clase de ximnasia terapéutica. O obxectivo, segundo comenta Ana Cardoso, técnica de Igualdade do Concello de Allariz, “é

Ademais o vindeiro martes 22 de xuño emitirase o último “Vivir na Ziralla” desta tempada, un programa de radio realizado por e para maiores que leva en funcionamento durante todo o inverno cun alto grado de aceptación por parte d@s oíntes.

Tamén o venres 11 de xuño as educadoras do Fogar dos Maiores acudirán a Asociación Veciñal de Coira para realizar un obradoiro de memoria e manualidades coas mulleres “coa finalidade de incluír a este grupo dentro do traballo que realiza o Concello coas demais Asociacións Veciñais”.

Sociedade