ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O resultado 2-3 fronte ao Mandiá asegura a segunda posición dos do Ramo na clasificación, con 8 puntos detrás do Capela.
O Barallobre de Oscar Varela véuse na obriga de remontar para facerse coa victoria na casa do Mandiá. O resultado 2-3 asegura a segunda posición dos do Ramo na clasificación, con 8 puntos detrás do Capela.
Adiantouse o equipo local cando o Barallobre xa estrelara un balón no largueiro. Aos dez minutos dese primeiro gol do Mandiá, empata o Barallobre e así co 1-1 marchan ao descanso. Como notaran perigo no centro do campo, o técnico fai os axustes necesarios, pero volve a adiantarse o local e pon o 2-1 no marcador. Desde aí o Barallobre refaise e remonta ata colocarse co 2-3 definitivo.
No minuto 80 chega a expulsión dun xogador do Mandiá e desde aí o partido "vólvese tolo" en palabras de Varela, aínda que xa non se move o marcador. O Barallobre leva dúas victorias e dous empates e teñen un obxectivo: mellorar na casa onde non foron capaces de gañar ningún encontro. A ver se ocurre no próximo choque no que reciben no Ramo ao Xuventude de Cabanas. Conclúe o técnico Oscar Varela (na imaxe) que será complicado porque os rivais están en boa racha como eles e "veñen a gañar". A favor teñen os do Ramo que por fín están todos, que xa había tempo diso.
Publica o teu comentario agora