A república dos soños

A república dos soños
14 de Outubro, 2018 - 08:13 h. | Publicada por Radio Allariz

A república dos soños, a Andorra Galega, Terra de ninguén, República independente, república esquecida. O Couto Mixto foi un territorio que ao longo da historia gozou de identidade propia. A súa organización xurídica e popular, permitiulle gozar de dereitos ou privilexios dos que carecían outros territorios. 

O Couto Mixto

Dereitos e privilexios destacados eran os de non aportar soldados ao exército, de asilo para fuxidos das xustizas portuguesa e española, liberdade para certos cultivos como o tabaco e liberdade de comercio co sal. Tamén había o chamado Camiño Privilexiado que desde o Couto levaba a Tourém, polo que se transportaban diferentes mercadorias de maneira inmune ao control dos dous paises. Dise que o territorio afonda as súas orixes no século XII. Co Tratado de Lindes, asinado en 1864, vixente dende 1868, remata esta institución. Os pobos do Couto Mixto pasaban a depender de España e os pobos promiscuos - Soutelinho da Raia, Cambedo da Raie e Lamadarcos- a Portugal. Así o reflexa José Rodriguez Cruz (2018) no seu libro O Couto Mixto. Aspectos folclóricos, editado por Laiovento.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora