Replantación das árbores de nadal

Replantación das árbores de nadal

11 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes dende a súa Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha un ano máis a campaña “Compra árbores con vida” a través da que animou aos seus veciños a mercar árbores naturais con raíz para que poidan ser replantados despois das festas.

Todos os veciños que o desexen todavía poden chamar ao Concello ao teléfono 981680002 para que se lle recollan a domicilio estas árbores con raiz para a súa replantación, así como aquelas que non teñan raiz para xestionalas adecuadamente como residuo. 

É a terceira edición desta campaña levada a cabo polo Concello de Ordes con motivo das festas de Nadal, coa que se pretende concienciar aos veciños e veciñas sobre as ventaxas das árbores naturais fronte ás de plástico, en cuxa fabricación empréganse hidrocarburos e outros derivados do petróleo sendo un proceso moi contaminante. 

Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a que participen.  

Sociedade