Repoboando forestalmente polas parroquias

Repoboando forestalmente polas parroquias

11 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes comezou o ciclo de charlas sobre repoboacións forestais que terán lugar en diferentes parroquias do municipio, organizado a través da concellería de Medio Rural do Concello de Ordes en colaboración con UNIÓNS AGRARIAS UPA.  A primeira das conferencias celebrábase onte pola noite no recinto feiral do Mesón do Vento, á que acudiu tamén o edil Jesús Pedreira.

Estas charlas teñen como obxectivos dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo. 

As vindeiras datas de celebración destas charlas serán:  

Vilamaior: 17 febreiro no Local Social ás 20.30 h

Beán: 24 febreiro na Casa Rectoral ás 20.30 h

Mercurín: 1 marzo na Escola Pública ás 20.30 h

Buscás: 10  marzo no Local Social ás 20.30 h

Sociedade