A represión franquista, unha forma de acción política

A represión franquista, unha forma de acción política

21 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Francisco Martinez Leira “Pancho” foi un dos guerrilleiros antifranquistas que máis sona logrou na comarca de Ferrol. A Garda Civil preparou unha operación  no lugar da Mediña en Ombre en Pontedeume. Causáronlle a morte o 31 de decembro de 1954. Dous anos antes, en 1952, nunha acción similar en Oza dos Rios, morreu outro guerrilleiro de Fene, Manuel Vilar Arnoso.

Segundo o profesor da Universidade de León Javier Rodriguez, na guerra civil houbo represión nos dous bandos, pero existe unha clara diferencia na natureza das dúas represións. Na zona sublevada é un terror organizado, que se irá convertindo pouco a pouco nunha forma de acción política. Na republicana  a represión ten un carácter incontrolado e irregular e afecta ás persoas que apoian a sublevación. Os sublevados exercian unha violencia contra a legalidade establecida. A República defendíase dese ataque.

Ao chegar a posguerra, a represión continúa, pois os vencedores queren evitar que o opoñente político se poida reorganizar nun futuro. Os desafectos ao réxime, perderon o seu traballo, así conseguíase neutralizar a súa posible influencia social e se lles condeaba á marxinación. No caso de Manuel Vilar Arnoso, non se empregou ningún tipo de xuizo. A obediencia a calquera tipo de lei foi sustituida directamente polas armas. Os vencidos na guerra víronse obrigados a sofrir unha situación de permanente sometemento moral, chantaxe emocional, desprezo e humillación.

Sociedade